O meu animal favorito

As lembranzas que gardo con máis cariño son de cando, no vrao, ía a miña aldea a pasa-lo agosto .
Un deses agostos, e sendo eu unha rapariga de 10 anos, andabamos o grupo e mais eu, acompañando ó Anselmo a levar as súas vacas a pastar nas eiras que tiña cerca do río. Como eu era, e son, bastante inqueda, pronto afasteime do grupo pra buscar os formigueiros que tanto me gustaba descubrir.
Lembro que o tempo pasou por min sen daresme conta, e de súpeto escoitei o berro do Anselmo. Marchaban, eran horas de munguires. Decidín quedar un pouco máis, atopara ovos de serpe e un gran formigueiro de vermellas e quería metelas no bote que levaba comigo. Cando xa o tiña medio cheo, virei pra casa, porque desta vez os berros que oía non eran os do Anselmo, senón da miña avoa. Acelerei o paso pero ó lonxe, no pasto, vin un can.
-"Títi, títi"- Chaméi- "Títi, ven"
O "títi" non se acercaba moito, pero miraba pra mín con moita seguridade.
-"Títi,títi"- Seguín chamando.
Achegouse un pouco maís, unha distancia tal, que fun capaz de verlle os ollos. Preciosos. Na vida vira uns iguais. Tiña, tamén, pelaxe marrón, orellas puntiagudas e o papo branco parecia novo.
Aí estabamos nós, mirándonos como se o fixésemos dende sempre.
Cando eu, xa estaba pensando a forma de levalo pra míña casa, o berro imposible da avoa, desconcentróume.
-Apartaaa do looobooooooo, apartateeeeeeee.
Cando volvín mirar, só acertei a velo correr pra meterse no bosque.
Mentras camiñaba con pesadume na dirección de quen case morre dun infarto, abrín o meu bote de formigas e deixeinas no chán.
Despois de ver aquel lobo, souben que atopara o meu animal favorito.
2007-05-02 21:57 | 9 Comentarios
Referencias (TrackBacks)
URL de trackback de esta historia http://ventanas.blogalia.com//trackbacks/49123
Comentarios
1 |
|
||
¡Qué bonito!
|
2 |
|
||
¡Qué bonita historia!:D***
|
3 |
|
||
Por cierto ahora entiendo mejor la defensa detu querido lobo Ha pasado mucho tiempo, pero ha merecido la pena leer la historia explicándolo :-)
|
4 |
|
||
Sí, la verdad es que no puedo evitar, defender lo que más me gusta ja, ja. |
5 |
|
||
es que los animaliños son tan lindos... |
6 |
|
||
Es ben ousada ou ben inconsciente? ;) |
7 |
|
||
Pois o meu animal favorito é a vaca. |
8 |
|
||
peke: cando es pequena non tes medo a nada e cres que todo é fantástico e interesante. :-DDD
|
9 |
|
||
Vaya ,vaya ¿el suyo también?No he escrito antes porque días atras me vino "el rollo del mes".Y no ,no me refiero a una petarda vestida de rojo.Mas bien a esto:
|
Todas las fotos están sujetas a copyright. Queda prohibida su reproducción y/o copia sin autorización de la autora
Últimos comentarios