Ventanas

Miremos a través...

Inicio > Historias > María Mariño.

María Mariño.

Ferns
Poetisa galega a quén se lle adica este ano o Dia das Letras Galegas.

Son a suma total

Son a suma total
daquel que foi medindo
a pegada aquela que non digo,
pegada que soia se puxo o seu nome.

Son resta da esperanza -diferencia quedou-
Multiplicada xa nacín,
pra qué dividirme agora?

San, enteira voume indo,
san, enteira vou quedando,
o paso xa me cederon,
inda que o camiño se vira,
vaise virando en duro,
as pegadas ben se ven
vense volcar nas penas,
liman os picos dos montes,
raxan a cume i o mar,
raxan as alturas todas,
raxan a neboa,
raxan o sol,
ráxanse todas nunha,
ésta cingese
vaise cinguindo.

¡Terra, alma dona¡
Pegada que soia
se puxo o seu nome.

c) MARIA MARIÑO, "Verba que comenza" 1963
c) Concello de Noia, libro de homenaxe, Noia 1990

2007-05-12 12:52 | 0 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://ventanas.blogalia.com//trackbacks/49362

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.234.0.2 (5530fdcf24)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?

portada | subir

Todas las fotos están sujetas a copyright. Queda prohibida su reproducción y/o copia sin autorización de la autora