Ventanas

Miremos a través...

Inicio > Historias > Cuestionario Proust (meme)

Cuestionario Proust (meme)

Vexo en Vendell un cuestionario tan interesante que me deron ganas de facelo.

Coñecete a ti mesmo
1 ¿O principal trazo do meu carácter? A curiosidade
2 ¿A calidade que prefiro nun home? Intelixencia, lealdade, dozura.
3 ¿A calidade que prefiro nunha muller? Seguridade, independencia.
4 ¿O que máis aprecio nos meus amigos? A intimidade que compartimos.
5 ¿O meu principal defecto? Son demasido esixente.
6 ¿A miña ocupación favorita? Soñar esperta
7 ¿O meu soño de dicha? Inmortalidade
8 ¿Cal sería a miña maior desgraza? Perder a xente que amo
9 ¿Que quixera ser? Tantas cousas…
10 ¿Onde desexaría vivir? No campo ou en calquera cidade progresista e civilizada.
11 ¿A cor que prefiro? A cor das nubes xusto antes de romper a chover.
12 ¿A flor que prefiro? O Tulipán.
13 ¿O paxaro que prefiro? Aprendín a que me gustasen. Quedo cas rapaces.
14 ¿Os meus autores preferidos en prosa? Bufff teño demasiados. Galeano e Vonnegut por poñer algún.
15 ¿Os meus poetas preferidos? Angel González, Benedetti, Drumond de andrade, Pizarnik...
16 ¿Os meus heroes de ficción? Hamlet
17 ¿As miñas heroínas de ficción? Julieta
18 ¿Os meus compositores preferidos? Son moi ecléctica en gustos. Dende Tchaikovsky ata the cure, pasando por coltrane ou Gwendall
19 ¿Os meus pintores predilectos? Klimt, Klee, Pollock,Klein.
20 ¿Os meus heroes da vida real? Xente cercana da que coñezo a súa impresionante historia.
21 ¿As miñas heroínas históricas? Curie, Concepción Arenal…
22 ¿Os meus nomes favoritos? Enma, Uxía, Catuxa, Xian, Iago. Adriana, Alejandra e mil máis
23 ¿Que detesto máis ca nada? Que a xente mire por riba do ombreiro ós demáis. A indiferencia
24 ¿Que caracteres históricos desprezo máis. A egolatría levada o seu máximo exponente.
25 ¿Que feito militar admiro máis? A Revolución do pobo contra o sistema.
26 ¿Que reforma admiro máis? A do pensamento
27 ¿Que dons naturais quixera ter? Poder teletransportame a calquera sitio.
28 ¿Como me gustaría morrer? Bicando.
29 ¿Estado presente do meu espírito? Os idealistas estamos en perigo de extinción.
30 ¿Feitos que me inspiran máis indulxencia? Tolerías de namorados
31 ¿O meu lema? Non preguntar o que non me contan.

2007-05-13 01:47 | 1 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://ventanas.blogalia.com//trackbacks/49379

Comentarios

1
De: tyler Fecha: 2007-05-13 04:58

Robo el cuestionario y lo rehago a mi manera, jejeje.



portada | subir

Todas las fotos están sujetas a copyright. Queda prohibida su reproducción y/o copia sin autorización de la autora