O debate segue na escola
Ante o debate que xurdiu como consecuencia da Orde do 9 De abril de 2007 (DOG nº 73, do 16 de abril de 2007) o CLAUSTRO DE PROFESORES do CEIP “A RÚA” quere manifestar:•O malestar por non contar co profesorado na discusión previa a este decreto sobre a conveniencia ou non da modificación do horario lectivo (tanto por parte da Consellería coma dos Sindicatos) e pola precipitación en aprobar o mesmo con tanta présa, ao noso entender.
•Que a xornada continuada en xuño en setembro tiña unhas razóns pedagóxicas (adaptación á escola, fatiga e cansanzo no tempo da calor...), se así se segue considerando, pensamos que debe manterse.
•Que o debate debe ir enfocado a considerar os novos requirimentos da sociedade actual que necesita unha mellor organización do tempo escolar o cal non implica unha maior carga lectiva.
•Que a conciliación da vida laboral e familiar depende máis de que as Consellerías e administracións locais organicen e doten aos centros duns servicios básicos para uso da comunidade social que do aumento da carga lectiva en xuño e en setembro. ¿Sería conveniente revisar os horarios laborais dos traballadores/as en xeral?
•Que resulta imprescindible diferenciar entre horario do Centro Escolar, horario do alumnado e horario do profesorado.
•Que é necesario acordar o horario lectivo do alumnado ao longo de todo o curso (tempos de estudo no centro, actividades de ocio e tempo libre...) Se se considera a conveniencia de aumentar o horario lectivo do alumnado que sexa por razóns pedagóxicas nunca pola necesidade de deixar ao neno/a nalgún lugar.
•Que o horario do profesorado de Infantil e Primaria debe ser revisado segundo criterios que redunden na calidade do ensino (docencia, tempos de coordinación, preparación de materiais pedagóxicos, proxectos, formación...)
En canto ao acordo asinado pola Consellería e algúns sindicatos consideramos que trasladar aos Consellos Escolares a decisión sobre o horario de xuño e setembro pode alterar a convivencia da Comunidade Escolar porque:
•Os Consellos Escolares dos Centros nos que funciona a xornada partida, que non conseguiron implantar a continua por non axustarse a actual lei (2/3), agora teñen a posibilidade de facelo nestes dous meses por maioría simple o que pode xerar debates e problemas innecesarios (conflictos nas relacións pais/nais- mestres, entre os membros do Consellos escolar...)
•A modificación horaria do Centro, unha vez aprobada polo Consello Escolar, podería, nalgúns casos, contradicirse coas posibilidades reais do transporte, creando diferencias entre uns centros e outros.
En definitiva o que dicimos é que, cando se fale da escola e do horario escolar, se consideren os factores que melloren a calidade da educación, tendo en conta as nosas necesidades e as experiencias doutros países nos que os resultados teñen que ver tamén coa organización escolar e non só coa carga lectiva.
Esperamos que a administración e os sindicatos teñan en conta as inquedanzas do profesorado.
2007-06-09 11:37 | 5 Comentarios
Referencias (TrackBacks)
URL de trackback de esta historia http://ventanas.blogalia.com//trackbacks/50087
Comentarios
1 |
|
||
Próximamente colgaré la versión en castellano. |
2 |
|
||
NOOON Non colgues a traducion insensata! ¿Non te das conta de que asi enteraranse os opinologos imperialistas españois e poderan da-lo seu punto de vista e rebatilas nosas sacrosantas opinions?
|
3 |
|
||
Al contraio. Lee bien lo que dice del cansacio y demás. Los profesores sabemos algo de pedagogía que para eso hemos estudiado.:-P |
4 |
|
||
Me esperaré a la versión en castellano... por si me estoy perdiendo el matiz clave del asunto, más que nada. |
5 |
|
||
Para mi el problema radica en los intereses de las tres partes implicadas:
|
Todas las fotos están sujetas a copyright. Queda prohibida su reproducción y/o copia sin autorización de la autora
Últimos comentarios