Outro ano será...
Esta frase é a que consuela despois de saber que quedas sen praza na oposición. É como a frase do 20 de decembro: "O caso é ter saúde". Dúas décimas separáronme da ansiada praza. 8 anos loitando. 8 anos. Caída tras caída.Os ánimos chegan dende todas partes, o teléfono non para de soar e xa o levo recargado 3 veces nun mesmo día. ¿Morrín?. Eso parece e en combate. As condolencias son sempre as mesmas, agarimosas e sentidas. "Outro ano será, non te preocupes" . Creo que xa me fixen unha experta en caer e levantarme. Cada vez fágoo máis rápido e mellor, ata me premito unhas cabriolas polo ar antes de caeren coma un gato. Non estou deprimida nin necesito tempo para nada (como me aconsellan). Só sínto impotencia, porque a fase de tonta xa a pasei ha 3 anos, impotencia.
Estou en pé, seguirei en pé e incluso caerei en pé, se cadra, outra vez. Pero que ninguén me diga que a esperanza cura a impotencia porque entón direi: "¿Ti que dis, hom? Tás tolo".
2007-07-26 11:19 | 1 Comentarios
Referencias (TrackBacks)
URL de trackback de esta historia http://ventanas.blogalia.com//trackbacks/51150
Comentarios
1 |
|
||
Era aquí!! Bicazos. |
Todas las fotos están sujetas a copyright. Queda prohibida su reproducción y/o copia sin autorización de la autora
Últimos comentarios