A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN PRETENDE SUPRIMIR PROFESORADO E DETERIORAR O ENSINO EN GALICIA
COMUNICADO PÚBLICOA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN PRETENDE SUPRIMIR
PROFESORADO E DETERIORAR O ENSINO EN GALICIA
As organizacións sindicais abaixo asinantes, que representan ao profesorado de
ensino non universitario de Galicia e forman parte da Mesa Sectorial, enterados da
CIRCULAR DE INSTRUCCIÓNS da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
de data 14 de maio de 2009 na que “coa finalidade de proceder a determinar o número
de unidades e os POSTOS DE TRABALLO DOCENTE dos centros de infantil e
primaria” dependentes da Consellería de Educación, queren manifestar e dar a coñecer
ao profesorado e á opinión pública o seguinte:
1.- A circular emitida infrinxe gravemente a normativa básica contida no Estatuto
Básico do Empregado Público e na Lei de Órganos de Representación por non terse
negociado na Mesa Sectorial.
2.- No apartado b) desta circular prescríbese: “Na educación primaria agruparanse nun
único grupo os alumnos de distintos cursos do mesmo ciclo sempre que o número de
alumnos fose inferior ou igual a 20”. Este xeito de agrupamento do alumnado de
distintas idades non se recorda dende tempos pasados, pois a propia Consellería no ano
2002 xa establecía que: “Non se agruparán unidades dun mesmo ciclo de educación
primaria sempre que o número de alumnos da unidade resultante sexa SUPERIOR A
16”. É polo tanto un retroceso considerable que terá como consecuencias inmediatas o
deterioro da calidade do ensino e a supresión masiva de profesorado.
3.- Sorprende desagradablemente que este equipo da Consellería de Educación inicie a
súa actuación con medidas que incumpren claramente o programa electoral do propio
partido do goberno que na súa páxina 215 manifesta: “reducción do número máximo
de alumnos por aula, que deberá ser de 15, especialmente na educación infantil”.
Por todo isto, solicitamos e esiximos a negociación dos criterios de agrupamento
do alumnado de infantil e primaria, así como a retirada e anulación desta circular.
Ademais, anunciamos medidas sindicais de presión adecuadas para a consecución de
dita negociación e retirada destas instruccións.
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2009.
CIG CCOO UGT ANPE STEG CSI-CSIF
2009-05-23 19:58 | 2 Comentarios
Referencias (TrackBacks)
URL de trackback de esta historia http://ventanas.blogalia.com//trackbacks/63189
Comentarios
1 |
|
||
En mi cole suprimen una unidad... oficialmente sale ahora... pero extraoficialmente mi inspector ya lo sabía antes de las elecciones, que fue cuando nos enteramos nosotros por otro inspector...
|
2 |
|
||
Nos meterán en la calle a muchos de nosotros... |
Todas las fotos están sujetas a copyright. Queda prohibida su reproducción y/o copia sin autorización de la autora
Últimos comentarios