Ventanas

Miremos a través...

Inicio > Historias > Quita penas

Quita penas

Say Cheesse

A comida, non só serve para gozar na súa elaboración, na compaña doutros, ou como auto homenaxes merecidos é tamén un reflexo do noso estado de ánimo. Alimentos que adquiren connotacións sentimentais, emocionais, ledos e morriñosos, pratos que representan amor, cariño, amizade ou tristeza. Texturas e sabores que configuran lembranzas na nosa mente.
Este outro matrimonio de ben, esta mistura de sabores doce e acedo, lembroume a un quita-penas cando lles sacaba a foto. Seica din que o mellor quitapenas é o chocolate pero o acedo do queixo e o sabor doce que lle aportan o mel e a uva van perfectamente coa sensación que se dispara nos momentos quita penas.
Hai anos, non moitos, pasei por un deses momentos nos que nada calma a ansiedade da perda. A acidez do momento enfrontada con sentimentos imposibles de domar. O azucre e o chocolate non serían suficientes para encher o baleiro que se abría ante min. Catalicei carraxe, mágoa, soeadade, amor, a través desta agridoce parella e cando a caixa de Pandora pechou, quedei pensando que ao mellor o futuro, coma o mar, devolveríame ese momento e así o fixo. Non sei aínda como será, mais non importa mentres teña a estes dous amigos cos que contar.

the walls are coming down

2012-01-11 17:06 | 1 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://ventanas.blogalia.com//trackbacks/71077

Comentarios

1
De: descalza Fecha: 2012-01-11 17:06

Ingredientes:

Queixo do Cebreiro: http://www.cebreiro.es/index.htm
Uvas rosadas
«Mel das miñas colmeas»: http://3.bp.blogspot.com/_8lqFSwxro80/SMd9vKN9rXI/AAAAAAAAADA/KbTbHzGSooA/s1600-h/mel.gif



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.227.127.109 (85b703d68a)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?

portada | subir

Todas las fotos están sujetas a copyright. Queda prohibida su reproducción y/o copia sin autorización de la autora