Arrastrando
2014-11-05 01:15 | 18 Comentarios
no name
2012-03-06 01:09 | 84 Comentarios
Plastic love
2012-01-30 23:27 | 82 Comentarios
O por que
Nunca me gustou comer e menos, cociñar. Dábame igual o que me puxeran na mesa porque eu só aceptaba as patacas fritidas con filetes de porco. O padal non o tiña aprendido a nada e a lingua só a tiña para falar, e como todo o mundo sabe, na mesa non se fala nin se canta, só se come.
"Come e cala, lacazana!"- dicía sempre a miña avoa. Desperábase porque eu non comía "sal nin auga" e sempre parecía un "santo cristo" do delgada que estaba, asi que os porcos cando me vían entrar pola porta, tremían de medo.
Por aqueles días e esas infancias de comer sen desfrutar, fago estes apuntamentos, porque cando un mira dende a distancia, ve que o padal foi o que medrou e que a túa mente é a que, chea de morriña, trasládase a unha das etapas máis bonitas da súa vida.
2012-01-11 17:17 | 4 Comentarios
High Ovo
Un ingrediente básico na nosa cociña, é ese pequeno obxecto ovalado que tantas ledicias nos aporta. Lembro unha vez, fai moitos anos, que o meu imán e máis eu, iamos a un concerto Folk* e eramos os encargados de facer as tortillas. A división clásica entre os "cebolafilia" e "Cebolafobia" provocou, tamén, división na casa á hora de cociñar. Cebolada el, eu sen ela.
Ben, e os que coma min, non soportamos a textura da cebola cociñada pero si o sabor? Que faciamos? Ideaca: facer unha pasta de cebola que ao misturarse co ovo e quentarse na cociña fixese que non se notara a presenza na boca da cebola, pero si o seu dóce sabor.
¡¡Sacrilexio, tola!!-berraba o meu irmán. Como fas iso? A tortilla é o que é e punto". Eu seguín ao meu e de paso, aposteille unha saborosa cervexa fría para ás noites de verán, que a tortilla que antes se comera era a que gañaba.
Bater, ovo, bater, ovo, bater...en silenzo e con miradas competitivas.
Para non estenderme nesta historia...sabedes cal foi a tortilla gañadora, non si?
*Noites do Castelo. Maceda
6bd3d8c9138076ae80031d20f076818c
2012-01-11 17:13 | 2 Comentarios
Cruce de sabores
Unha das cousas que para mín ten a cociña é a grande posibildiade de mesturar sabores, cores, texturas e olores.
Neste caso vou falar doutro matrimonio de ben: O chocolate, fiel amante dos padais máis sibaritas e o amorodo, espido, saboroso e tentador.
A palabra "luxury" define á perfección o dobre fío desta unión. Por unha banda, o desexo que producen ao tacto e o sabor e por outra, o altísimo nivel destes ingredientes na nosa cociña.
Non hai receita ideal para a súa combinación, pero sí suxestións. O amorodo debe ser de tamaño mediano, fresco e terso. O chocolate cando máis puro, mellor, para que que a suma do sabor sexa equilibrada.
Derreter o chocolate e mergullar o amorodo nel . Deixar que a parella arrefríe na neveira para que, asi o chocolate quede duro e crebe ao morder nel.
Esto é o básico, o resto queda da vosa mán.
2012-01-11 17:11 | 21 Comentarios
Quéro...............................................té
rolling
Quero té. Quero té. Quero té. Quero té. Quero té. Quéro te. Quérote.
2012-01-11 17:09 | 2 Comentarios
Magdalenas con traxe
A fórmula das magdalenas, non existe. Uns din que ten que haber un equilibrio entre os ingredientes, outros din que teñen que levar unha masa especial e outros, coma min, dicimos que teñen que ser máxicas. A creatividade non gusta de fórmulas e a imaxinación non sabe de limitacións e matemáticas. Os ingredientes básicos dan a base para facer o que nos pete. Cores, formas, sabores, forza.
Velaí a variña dos nosos soños a fórmula física que produce unha explosión de diferentes sabores na boca. Chuches, vainillas, cremas, chocolates, laranxas...doce, espeso e contundente.
Deixádevos levar polo instinto, polo pracer de descubrir e saborear.
bobdylan Iwant you
2012-01-11 17:08 | 2 Comentarios
Celme
Todo nesta vida empeza sendo o celme de algo. Ser proto ou en potencia augura unha creación, unha evolución. Pero a palabra celme, neste caso, vai máis alá. Non só é unha escolma de ingredientes senón que precisa dunha creación dirixida. Nada queda ao azar. Todo contribúe. Olor: vainilla, ovos e fariña. Sabor: dóce, azucre, chocolate. Textura: pastosa e cremada, con caída lene o mel. Vista: dourada do aceite e a outono torrado da grella. Vista: esponxidade e alimento ás meniñas.
Batido á man, con ritmo, con música. O relax que sobe polas mans e adormece o cerebro, repite o celme, a creación. Sei que falo dun proto-biscoito ou un biscoito en potencia, máis ás veces ser o artífice da ledicia destes momentos, fai que cada celme sexa único.
drowingman
2012-01-11 17:07 | 2 Comentarios
Quita penas
A comida, non só serve para gozar na súa elaboración, na compaña doutros, ou como auto homenaxes merecidos é tamén un reflexo do noso estado de ánimo. Alimentos que adquiren connotacións sentimentais, emocionais, ledos e morriñosos, pratos que representan amor, cariño, amizade ou tristeza. Texturas e sabores que configuran lembranzas na nosa mente.
Este outro matrimonio de ben, esta mistura de sabores doce e acedo, lembroume a un quita-penas cando lles sacaba a foto. Seica din que o mellor quitapenas é o chocolate pero o acedo do queixo e o sabor doce que lle aportan o mel e a uva van perfectamente coa sensación que se dispara nos momentos quita penas.
Hai anos, non moitos, pasei por un deses momentos nos que nada calma a ansiedade da perda. A acidez do momento enfrontada con sentimentos imposibles de domar. O azucre e o chocolate non serían suficientes para encher o baleiro que se abría ante min. Catalicei carraxe, mágoa, soeadade, amor, a través desta agridoce parella e cando a caixa de Pandora pechou, quedei pensando que ao mellor o futuro, coma o mar, devolveríame ese momento e así o fixo. Non sei aínda como será, mais non importa mentres teña a estes dous amigos cos que contar.
the walls are coming down
2012-01-11 17:06 | 4 Comentarios
Mirando a Febreiro
2012-01-11 17:04 | 5 Comentarios
De cando o aire é doce
Auria é, para min, unha das cidades que máis arrecenden ao longo de todo o ano. En febreiro, as mimosas inzan o ar, no verán o "rezougue"* do río, novembro castañeiro e a rúa do paseo a mazás caramelizadas e améndoas garrapiñadas....Cidade, exquisita.
Se poidéramos trazar un roteiro oloroso, recoñeceríamos a cidade dunha maneira especial e saborosa e o mapa que saia dela, sería un punto de vista, todavía máis atractivo para os que disfrutamos destas sensacións.
As mazás caramelizadas forman parte da memoria de moitos cativos e os que aínda nos trasladamos a aquela época esta é a nosa BSO.
*Rezougue: segundo a miña avoa é cando o río vai cheo e arrecende a auga nova, a río, río.
2012-01-11 17:00 | 7 Comentarios
Feliz gravedad!
2011-12-25 11:26 | 2 Comentarios
Carácter
2011-10-12 19:37 | 26 Comentarios
Lois Pereiro Día das Letras Galegas
2011-05-18 12:04 | 115 Comentarios
reis
2011-01-06 23:28 | 13 Comentarios
solsticio de inverno
2010-12-19 20:27 | 60 Comentarios
Luar na Lubre
Luar na Lubre from Paula Gómez del Valle on Vimeo.
2010-06-08 18:18 | 4 Comentarios
Luxury
Rozando os beizos detense o tempo.
2010-06-03 10:36 | 36 Comentarios
Dedicatoria especial
A ro-ró, ro-ró, meu neno,
a ro-ró, ro-ró, meu sol.
No teu mar bailan sereas,
no teu ceo o rei é o sol.
A ro-ró, cariña de ouro,
a ro-ró…
A ro-ró, á túa beira.
A ro-ró…
A ro-ró, ro-ró, meu neno
A ro-ró, ro-ró, meu sol.
O teu conto é de alegrías,
o teu sono cheo de cor.
A ro-ró, cariña de ouro,
A ro-ró…
A ro-ró, á túa beira,
A ro-ró.
*Interpretado por Espido
Autores: Guadi Galego e Guillermo Fernández
Extraído do álbum p e © Guadi Galegoe Guillermo Fernández
2010-06-02 14:18 | 6 Comentarios
Todas las fotos están sujetas a copyright. Queda prohibida su reproducción y/o copia sin autorización de la autora
Últimos comentarios